lunes, 9 de agosto de 2010

Hoy, tod@s los que quieran pueden venir.

20:30 horas, sala de prensa de San Lázaro. la nueva directiva se se presenta ante todo el mundo de manera oficial. Este llamamiento atañe a tod@s, los que quieran colaborar, ayudar, empujar a la esedé.
El equipo sigue caminando, perdió 4 a 3 frente al Bertamirans, pero sigue caminando. El resumen cortesía de Xan y Trivetano, las fotos, cortesía de IA.
Bertamirans 4 - 3 Compostela
Do compos destacar o importante papel que ten Roberto Piñeiro, capitá do equipo e o máis participativo!

Bertamirans 4 - 3 Compostela
Do compos
destacar o importante papel que ten Roberto Piñeiro, capitá do equipo e o máis participativo!

Ademáis de Piñeiro luciron bastante os xuveniles.
Hoxe empezamos perdendo 3-0 e non espabilamos ata que entraron os rapaces, moi ben o número 6 (descoñezo o seu nome), que xogaba de medio-centro e Xaco, lateral dereito na primeira parte e esquerdo na segunda, tamén o central que levaba o dorsal 5, moi rápido e ben colocado. Tamén hai carencias en defensa, non me gustou moito Vela, o outro central, algo lento e inseguro co balón no pé.
Tampouco os dous porteiros tiveron sorte, Pablo encaixou tres goles, os dous primeiros viñeron pola nosa banda esquerda, onde Tomás, o xogador que estivo en terceira hai dous anos con nós, xogou como lateral esquerdo na primeira parte e no medio campo na segunda ata que foi sustituido. Descoñezo como se chama o porteiro da segunda parte, non tivo moito traballo pois tocoulle xogar a fase de maior ataque da SD, e pouco puido facer no cuarto gol.
O ataque é cousa de Roberto Piñeiro. Deixou unha moi moi boa impresión. Ten moitísima calidade e véselle compromiso coa SD. Hoxe marcou un golazo de libre directo pola mesmiña escadra, pero dirixeu o ataque constantemente. É moi bo no un contra un, e case me atrevería a dicir no un contra dous. Será o noso xogador franquicia se non o lesionan antes, hoxe levou algunha que outra patada.
Tampouco parece malo Bruno, o tanque que temos de dianteiro, controla ben de espaldas e abre o xogo sen perder o balón. Tamén aportou algo Patricio, bastante perigoso ao meu parecer, Sasha no mediocampo, incansable e roubando moito balón . A Breogán Pereiro vino algo gris, pero deixou destelllos de calidade e moito potencial, por algo xogou en categorías superiores a esta. Penso que ha de ofrecer máis do visto hoxe.
Remontamos ata poñernos 3-3 e perdimos cun golazo do Bertamiráns pola escadra.
En definitiva, perdimos dando boa imaxe, puidemos remontar un 3-0 e non nos queima o balón no pé. Fáltanos rodadura e algunha fichaxe en defensa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Si alguien va a la reunión, que comente que reabran la página web, ya que eso es un gasto importante, y si no se usa, pues más gasto tonto es.

myself dijo...

Valiu Trivetano, valiu.

virxinio dijo...

grazas trivetano ,que ben ler os comentarios dos partidos do compos na nosa lingua,un dez

xosemaría dijo...

A foto de Piñeiro, é a homenaxe que lle fixo o Bertamiráns, facéndolle entrega dunha camiseta de lembranza polo seu traballo no "Berta"