Ola ________,
Escriboche este e-mail como Álex Piñeiro, director xeral da SD Compostela durante a tempada 14/15, para darche as grazas polo teu apoio e pola túa colaboración durante esta etapa tan maravillosa que ven de rematar, e para anunciarche que non vou a continuar ligado á SD Compostela na próxima tempada 15/16.
Foi unha honra poder formar parte dun clube histórico como a SD Compostela, e poñer o meu gran de area na recuperación da ilusión do compostelanismo e na profesionalización do noso clube.
Para poder facer un balance do traballo realizado, é importante recuperar a perspectiva de cómo estaban as cousas no Compos fai un ano, en maio de 2014, e da situación na que atopei o clube á miña chegada:
- O equipo de 2aB rematou a tempada 13/14 no posto 13, con 44 puntos en 36 partidos e sufrindo para manter a categoría ata a penúltima xornada de liga, a pesares de contar co dianteiro máis determinante da categoría (Joselu, que anotou 30 goles).
- A comunicación externa do clube cos nosos aficionados era case inexistente, cunha web obsoleta, mínima actividade nas redes sociais, e unha imaxe pobre e degradada, ata o punto de que a día 8 de xuño só 304 afeccionados renovaran o seu abono para a tempada 14/15 a pesares da promoción de precios populares vixente.
- Existía un gran malestar na xestión do noso fútbol base, que culminou nun escrito firmado por 71 pais dos nenos protestando pola subida de cuotas proposta e plantexándose a posibilidade de deixar o clube na seguinte tempada.
- A nivel interno, atopei graves problemas na organización do clube, confusión nas funcións a realizar por varios colaboradores e membros da directiva, falta de definición desas funcións en outros casos, unha xestión económica deficiente, e graves problemas de comunicación en xeral.
- O equipo de 2aB rematou a tempada na sexta posición da liga, con 61 puntos en 38 xornadas, e clasificouse para disputar a Copa do Rei 15/16, manténdose na loita polos postos de playoff ata a penúltima xornada de liga.
- O clube duplicou o seu número de abonados de pago nesta tempada (pasamos de 949 a 1943), cun incremento na recaudación por abonos e taquillas dun 43,9% con respecto á de 13/14.
- Melloramos substancialmente a imaxe do clube, cunha nova web moderna e adaptada a dispositivos móviles, e con tenda online propia.
- Melloramos tamén moito a comunicación cos nosos afeccionados, a través da nosa web, redes sociais (facebook e twitter), e da posta en marcha dun newsletter semanal para achegarvos toda a actualidade do clube.
- Recuperamos a normalidade no funcionamento do noso fútbol base, rebaixando incluso as cuotas dos rapaces, e conseguindo ademáis unha maior implicación dos afeccionados en fitos coma a loita polos ascensos dos nosos equipos xuvenil A, xuvenil B ou o Infantil.
- A nivel interno, creouse un novo organigrama de funcionamento que permitiu clarificar as funcións de cada persoa e o seu ámbito de acción, así como un Comité Executivo para supervisar o correcto funcionamento de cada unha das áreas do clube.
Por todos estes motivos, síntome orgulloso do labor realizado e dos éxitos acadados, así como por suposto moi agradecido ó equipo de traballo que fixo posible todo isto. Neste equipo de traballo participaron a meirande parte do persoal e dos colaboradores do clube, xogadores e adestradores tanto do primeiro equipo como da base, e membros da directiva. Ademáis, este labor non tería sido posible sen a axuda e a colaboración de abonados e afeccionados coma ti, dos medios de comunicación locais e rexionais, dos nosos patrocinadores, e das institucións que nos apoiaron.
Gustaríame pechar esta etapa, breve pero moi intensa, despedíndome formalmente de ti, e dándoche as grazas por estares ahí connosco durante toda a tempada e polas mostras de cariño que recibín tanto en persoa como a través do correo electrónico. Sodes vós, os nosos afeccionados, o eixe en torno ao cal xira a existencia da SD Compostela, e o motivo polo que pagaron a pena todos os esforzos realizados durante esta inolvidable tempada 14/15.
No hay comentarios:
Publicar un comentario