miércoles, 17 de agosto de 2011

Noa de prensa SD Compostela

Recien aterrizado de Cataluña, pego aquí la nota de prensa enviada por el gabinete de comunicacion de la esedé Compostela. Hoy, recordemos que hay un amistoso en Teixeiro a las 17:30 frente a un combinado de presos.

A campaña de socios da SD Compostela esténdese a Praza Galicia

Ø Desde mañá os afeccionados do Compostela tamén poderán adquirir o seu abono na caseta municipal de información turística de Praza Galicia

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2011.- A SD Compostela continúa coa súa campaña de captación de socios de cara ao inicio da próxima tempada. Ata o momento, máis de medio millar de persoas xa retiraron o seu abono nas oficinas do club.

Desde mañá, mércores 17 agosto, todos os que o desexen poderán adquirir o seu carné de socio na caseta de información turística situada en Praza Galicia en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

A SD Compostela busca co seu novo proxecto o apoio do afeccionado para arroupar o equipo e volver a facer do conxunto santiagués un club grande.

Lembramos os prezos dos abonos: socio individual, 50 euros -válido para dúas persoas-. Abono familiar, 150 euros -válido para seis persoas-. Socio de honra, pensado para empresas e patrocinadores, 250 euros -válido para seis persoas-. As persoas con minusvalía e menores de 15 anos terán entrada de balde, así como os xogadores federados.

Vitoria no trofeo de Portonovo

O conxunto branquiazul gañou 2-3 o amistoso disputado onte co Portonovo CF. O Compostela remontou o 2-0 inicial cos goles de David Louro, Martín González e Imanol.


No hay comentarios: