jueves, 18 de agosto de 2011

Algo mas que un partido en Teixeiro.

No es una experiencia que muchos equipos tienen la posibilidad de disfrutar. El partido de hoy en la carcel de Teixeiro ha acabado con victoria del compos ppor 4 a 2, aunque lo menos importante sea el resultado. Los goles, según el amigo Han Solo, fueron de Kolman, Alex Blanco, Martin y David Louro, mientras que Catu (el hermano de "nuestro querido" Catu), metio uno de
Hay que decir que, la idea del partido en la carcel, la tuvo el vicepresidente anterior, Roberto Gayoso. Fue una idea que no pudo cuajar en nuestra mala experiencia en segunda B.
Una temporada y media mas tarde, R. Gayoso se la propuso a la actual directiva encabezada por Antonio Quinteiro, y, esta, le ha dado todo su apoyo, y ha desembocado en el partido vivido en la tarde del Miercoles.
Alguna foto tendrá que aparecer en los medios de comunicación. A mi, el partido me ha pillado de regreso de Tarragona, asi que no os puedo ofrecer ninguna, salvo la que, desde la propia carcel de Teixeiro nos envia el Gabinete de Prensa de la esedé. Tambien os dejo la nota de prensa que emite el mismo Gabinete:

A SD Compostela estimula a ilusión no cárcere de Teixeiro

  • O conxunto branquiazul disputou esta tarde un encontro amistoso cunha selección de reclusos do centro penitenciario do que saíron vencedores (2-4)

Santiago de Compostela, 17 de agosto.- O centro penitenciario de Teixeiro viviu hoxe unha xornada moi especial. Foi unha tarde de festa para o equipo da liga de fútbol que se disputa no penal. Ilusionados e motivados, unha selección de internos, gañadores do torneo de verán que se disputou no centro, tiveron a ocasión de "enfrontarse" aos xogadores da SD Compostela, o equipo de referencia para unha gran cantidade de internos, que se confesaron afeccionados do club santiagués.

Esta cita enmárcase dentro dos actos sociais da SD Compostela. O principal obxectivo non foi máis que motivar e ilusionar os reclusos a través do deporte, tendo en conta que o fútbol é, por excelencia, a actividade deportiva que máis adeptos reúne na prisión, xunto co boxeo. Unha alta porcentaxe dos reclusos de Teixeiro participan no club deportivo "Adiante" que fomenta o deporte mediante a práctica de boxeo, ximnasia, baloncesto e fútbol.

Con este tipo de iniciativas, a SD Compostela non só quere consolidarse como entidade deportiva, senón tamén como unha entidade social, comprometida e solidaria con todos os sectores da sociedade.

Preparados para tal evento, os dezaseis reclusos participantes recibiron o ánimo dos seus compañeiros de prisión desde as gradas, mentres se esforzaban en sacar a relucir as súas aptitudes futbolísticas. Unhas aptitudes que, sen dúbida, sorprenderon a moitos.”O fútbol é unha actividade que nos gusta moito a todos. Sérvenos para distraernos e saír da rutina habitual. Durante eses momentos de xogo esquecémonos por un intre de onde estamos”, comentou o chileno Patricinio, un dos xogadores de Teixeiro.

Tras dúas semanas de “intenso adestramento”, os futbolistas de Teixeiro saíron ao campo con ganas de pelexar pola vitoria. “Sabemos que os xogadores do Compostela teñen un nivel moi alto. Será difícil gañar pero loitaremos ata o final”, sinalou Patricio. Ángel Castellanos, monitor deportivo da prisión e educador, apuntou que estas actividades son moi importantes dentro do cárcere xa que “o principal problema aquí é ocupar o tempo”.

O partido, arbitrado polo director deportivo do club, Juan Carlos Corredoira (quen despois de dez anos volveu a enfundarse a equipación de árbitro), rematou co triunfo dos compostelanistas cun 2-4, con goles de Nejc Kolman, Álex Blanco, Martín González e David Louro. Aínda que o resultado, nesta ocasión, era o de menos.


.

No hay comentarios: