A SD Compostela recupera o seu nome oficialmente
Ø Conséguese un dos obxectivos da nova directiva, presidida por Antonio Quinteiro.
Ø A páxina web do club permite facerse socio: http://www.sdcompostela.com
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2011.- A directiva da SD Compostela logrou, a piques de cumprir 50 anos do club, a recuperación oficial do nome tras a débeda acumulada ao longo dos anos que tivo coma opción final o cambio do nome a Campus Stellae. Grazas as xestións da nova directiva, presidida por Antonio Quinteiro desde comezos do 2011, a esedé volta ilusionar desde as bases. O seguinte dos obxectivos, tras a formación dunha plantilla sólida, o ascenso a Terceira.
A Federación Española de Fútbol fixo oficial a volta oficial da SD Compostela a través da Federación Galega, quen á súa vez transmitiu a notificación ó presidente.
Con esta confirmación oficial o club disputará as competicións co mesmo nome co que mantén a súa páxina web oficial www.sdcompostela.com, que actualmente se atopa en construción e na que se pode visualizar o spot da campaña de abonados e á súa vez facerse socio do club mediante un formulario que se remite ás oficinas do club.
Presentación da plantilla
O vindeiro martes, 26 de xullo, ás 18:00 horas, realizarase a presentación oficial da plantilla de xogadores, composta por once fichaxes: Cristian e Diego Pernas, porteiros. Defensas: Rego, Paco, Dani Conde (provén do Boiro), Manuel Castiñeiras (Cerceda), Bautista (Cerceda), Jorge (Estradense), Damián (Estradense). Centrocampistas: Tore, Roberto Piñeiro, Manu, Jacobo (Santiago), Martín González (Santiago), José Ramón (Estradense), Álex Blanco (Negreira). Delanteiros: Julián (Estradense), Louro (Mesón do Bento).
1 comentario:
¿se sabe si hay algún partido amistoso programado? además de los de la copa me refiero.
Publicar un comentario