lunes, 7 de noviembre de 2005

As Pontes 6-2 Sd Compostela

Al final, la racha como visitante se acabó, y de que manera.
La cronica que aqui pego, la he sacado del diario de ferrol.
Los Goles, del compos fueron obra de Alfonso y Lago.

Crónica del Diario de Ferrol, edicion digital del dia 7 de Noviembre.

As Pontes e Compostela deron tantos e espectáculo

XOSE CENDÁN AS PONTES

O As Pontes reencontrouse co gol nun partido que servíu para derrotar ó Compostela e confirma-la liña de recuperación do nivel que se lle presume. Seis a dous foi o marcador final dun choque bonito, no que os dous equipos foron polos tres puntos, e no que os locais impuxeron a súa maior calidade. Todo se puña de cara cando, no primeiro minuto, Seco enganchaba un balón morto na frontal e abría o marcador co 1-0. Os santiagueses seguiron sen facer concesión algunha á especulación e mantiveron o seu xogo valente de toque, diante dun rival que actuaba cómodo agardando o roubo para sair ben dende as bandas.
O 2-0 chegaba ós 21 minutos nunha gran carreira de Dopico que se bastou só para resolver unha vertixinosa contra. O plantexamento valente dos composteláns, que sempre xogaron cara adiante, tivo recompensa co primeiro gol. Outro fermoso tanto o de Alfonso, que ós 27 minutos recibía un balón fóra da área nun saque de corner moi aberto e mandaba o esférico á escadra. O gol veu nunha acción de estratexia, porque en xogo, os visitantes non acababan de crear perigo.

Para despexar calquera dúbida da solvencia da ventaxa pontesa chegaba o 3-1. No minuto 29, Negrín aproveita un erro do porteiro, que non atalla ben o balón, e marca a pracer. Aínda quedaba por ver outro gol de fermosa factura nesta primeira parte. Era o cuarto, no minuto 42, nun cabezazo de libro de Aguado a centro de Seco. A sorpresa viría nun centro do lateral da SD Compostela Lago, que tomou un efecto envelenado e converteuse no 4-2 no último minuto antes do descanso, co que todo quedaba ata certo punto aberto para a segunda metade.

Ritmo > Trala reanudación, os de Germán Amil baixaron o ritmo dun partido que tiñan en franquía, e mantiveron a posesión perante un rival que voltou demostrar unha grande capacidade de brega, pero a inocencia propia dun equipo moi novo. Para evitar males maiores Aguado abríu as distancias con outro gran gol. Unha volea dende fóra do área que subía o quinto para os locais no minuto 72. E, só dous minutos máis tarde, Pedro sumouse á festa pontesa co seu tanto. Marcou de penalti, logo dunha acción da defensa santiaguesa sobre Negrín.

Os ponteses reforzan así a súa moral diante da complicada saida á casa do Ordes.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

boas que tal?
sabedes algo da resolucion do ascenso a terceira que saia onte?saudos

Unknown dijo...

pues no he leido nadiña, ni tampoco he escuchado ni se decirte, supongo que habrá quedado en agua de borrajas. Ya ves a donde hay que acudir (www.diariodeferrol.com)para obtener una crónica exhaustiva de un equipo de la "capital de Galicia", y no precisamente al llamado "diario de la capital de Galicia".
En fin...saludos, si te enteras de algo, no dudes en poenrlo por aqui.

Anónimo dijo...

el sd compostela deberia es una mierda a 3 regional Z que malo es el composssssssssssssss

Anónimo dijo...

Algo escoitei onte na radio, pero andaba un pouco dormido e non sei ben. ¿Pode ser que non se presentara alguén da Federación e que o caso quedara pra dentro de 30 días? Algo así me sona, espero que non o soñara.

Anónimo dijo...

Vamos compos desde cordoba un fuerte saludo para la hinchada de este gran equipo gallego, que por desgracia esta en regional pero espero que pronto pueda jugar en primera contra mi cordoba

Un abrazo fuerte y animo
seguro que poco a poco saldreis de esa situacion de penurias y volvereis al lugar que os corresponde por historia, ciudad y afición.

Anónimo dijo...

parece rarisimo non ter escoitado nada,en localia as noites soen decir algo, pero desta vez...
seguramente pasou algo como o que di bernardo,espero que sexa iso e non que quedou sen praza.
un saudo e forza COMPOS¡¡¡

Anónimo dijo...

Desde Asturies, forza Compos. É un placer saber que todavia sigue vivo, non o dexeis morrer, os autenticos oviedistas sabemos ben que para que salga adiante o equipo non hay q dexalo só, y en ese sentido alegrome de saber q o compos sigue vivo en internet.

Espero q algun dia podais lembrar outros tempos de ascensos no Novo Carlos Tartiere

Forza Compos y Puxa Uvieu siempre.